Axencia de colocación autorizada co nº 1200000055 polo Sistema Nacional de Emprego
  • Oficinas do Servizo de Emprego do Concello do Porriño.

  • As nosas instalacións: aula de atención socio-sanitaria.

  • As nosas instalacións: aula de atención socio-sanitaria.

  • As nosas instalacións: aula de perruquería.

  • As nosas instalacións: aula de informática.

  • As nosas instalacións: aula de cociña.

  • As nosas instalacións: aula de cafetería.

PORREMPREGO é un servizo municipal do Concello do Porriño, público é gratuito, a través do cal se levan a cabo accións de información, orientación e búsqueda de emprego de forma persoalizada.
Teléfono: 986 338 217

ÚLTIMAS OFERTAS DE EMPREGO
Oferta 144/26 Oferta activa
Operario/a de limpeza O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 17/11/2026
Procuramos 1 limpador/a que se faga cargo da limpeza dunha oficina e dunha nave. Data de incorporación: decembro, tipo de contrato: indefinido, xornada laboral: continua, 5 horas e media á semana. Requisitos: ter o carné de conducir e vehículo propio.
Oferta 145/26 Oferta activa
Operaio/a para brigada por Galicia Galicia
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal (1 ano) 17/11/2026
Procúrase unha persoa para traballar como operario/a de limpeza nunha brigada que prestará servizos en distintos puntos de Galicia. As funcións principais consistirán na limpeza e mantemento do mobiliario, dos solos, dos baños, do comedor e das zonas comúns, así como na limpeza de cristais e no manexo de maquinaria específica, como fregadoras, barredoras e pulidoras. Ofértase un contrato dun ano de duración, con incorporación prevista para o 23/11/2026, xornada completa e horario de luns a domingo, segundo cuadrante. O salario será de 1.424 euros brutos mensuais. A empresa tamén ofrece formación para o emprego. Valorarase ter experiencia previa en tarefas de limpeza de diferentes espazos. Será necesario dispoñer de permiso de conducir tipo B, aínda que a empresa facilitará unha furgoneta para os desprazamentos, así como contar con dispoñibilidade horaria, autonomía e responsabilidade para organizar e desenvolver o traballo.
Oferta 143/26 Oferta activa
Operaria/o de limpeza Polígono A Relva
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Interinidade 12/11/2026
Procúrase un/ha operario/a de limpeza industrial para realizar tarefas de limpeza e mantemento de diferentes espazos, incluíndo varrido de solos, eliminación do po do mobiliario, limpeza de aseos e cristais, baleirado de papeleiras, así como limpeza de laboratorios e dos seus materiais. Ofértase unha vacante cunha incorporación prevista para o 19/11/2026, contrato a media xornada e xornada continua, en horario de 15:00 a 19:00 horas, cun salario de 612 € mes. Como requisitos, é imprescindible contar cun certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % ou cunha incapacidade permanente total (IPT), así como dispor de carné de conducir e vehículo propio.
Oferta 142/26 Oferta activa
Operario de limpeza O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal 10/11/2026
Procuramos 1 operario de limpeza , que se faga cargo da limpeza e desinfección de oficinas, despachos, salas de reunións e areas administrativas. Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: de sustitución, horario: de luns a venres de 18:00 - 21:30. Requisitos: carné de conducir B e vehículo propio.
Oferta 140/26 Carretillero/a Oferta activa
Carretillero/a Valladares, Vigo
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 09/11/2026
Procúrase unha persoa para realizar tarefas de almacén e loxística, incluíndo carga e descarga de camións e contedores, manexo de carretillas elevadoras e transpaletas eléctricas e manuais, manipulación e paletización de mercadorías diversas, así como preparación e organización de pedidos e materiais. Como requisito imprescindible, solicítase carné de carretilla elevadora en vigor. Valorarase experiencia previa en almacén e manexo de carretillas, aínda que non é imprescindible, xa que se ofrecerá formación interna. Ofértase incorporación inmediata, cunha contratación inicial a través de ETT durante un período de 3 a 6 meses e posterior incorporación á empresa mediante contrato indefinido. A xornada poderá adaptarse segundo a candidatura, sendo a necesidade principal para a quenda de tarde, con posibilidade de rotación semanal entre mañá e tarde. O horario de funcionamento é de luns a venres, entre as 06:30 e as 23:00 horas.
Oferta 141/26 Oferta activa
Camarero/a O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinida 09/11/2026
Procuramos 1 camareiro que reciba e atenda ós clientes con amabilidade, tome as comandas, sirva as comidas e bebidas. Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: indefinido, xornada laboral: media, horario: case sempre de tarde.
Oferta 138/26 Oferta activa
Prospector/a laboral Ponteareas
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal (interenidade) 03/11/2026
Procuramos 1 un prospector/a laboral que se faga cargo da prospección e captación de empresas, detección de ofertas de empleo, contacto e colaboración co tecido empresarial, sensibilización sobre a inclusión laboral, intermediación entre usuarios e empresas, asesoramento en materia de contratación, xestión de convenios e prácticas laborais, seguimento das insercións laborais e coordinación co equipo técnico para favorecer a inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables. Data de incoporación: inmediata, duración do contrato: temporal (interenidade), xoranada laboral: continua. Requisitos: ter o Grado de psicoloxía, e ter o carné b.
Plan Municipal de Emprego
Acometemos un novo período polo fomento do emprego

Tres grandes áreas de traballo: desenvolvemento local, inserción laboral formación, dirixido a retornar a senda do crecemento, o emprego e a prosperidade da vila.

Autoemprego
Servizo de asesoramente a emprendedores (SAEP)

Servizo público e gratuíto, promovido polo Concello do Porriño, para facilitar a implantación de iniciativas empresariais xeradoras de emprego.

Directorio de empresas
Empresas adscritas ao servizo de emprego de Porremprego

No directorio de empresas atópanse as empresas adscritas ao servizo de emprego do Concello de Porriño.
Se tes unha empresa e queres adscribirte, entra aquí.

Renovación de tarxeta
Renova a túa tarxeta de demandante de emprego do Concello

Para renovar a súa tarxeta previamente ten que haberse dado de alta na oficina de emprego do concello de Porriño, e debe ser renovada alomenos cada 3 meses.

Sube o teu video curriculum
Sube un vídeo explicativo do teu CV á nosa bolsa de emprego

Para poder subir o vídeo curriculum tes que estar dado de alta como usuario no servizo de emprego da Oficina Municipal de Emprego de Porriño. Inscríbete no servizo nesta mesma web.

Xera o teu curriculum
Axudámoste a redactar o teu curriculum vitae

Cubre os datos que te pedimos, selecciona a plantilla que desexas e descarga o documento xerado co teu curriculum vitae, listo para entregar nas túas solicitudes de emprego.